Iria Varela

Club de remo As Xubias

Título: Club de remo e escolas náuticas
Categoría: proxecto fin de carreira
Titor: Emilio Rodrigez Blanco
Ubicación: As Xubias, A Coruña

O proxecto, que se sitúa na ría do Burgo, está unido co plano portuario mediante a praia artifical das Xubias. De camiño á parcela atopámonos con edifcios como a igrexa de Oza, o Pavillón das colonias, (Pedro Mariño, 1927) e o Centro Universitario de Ciencias da Saúde (Manuel de las Casas, 1999). Xa con vistas sobre a parcela e dentro do xardín sanitario atópase o Hospital Marítimo de Oza, (Andrés Reboredo 1993). Nesta realidade, o proxecto trata de facerse un oco usando unha liguaxe propia pero sempre mirando ao seu redor e sempre coa intención de crear cidade.

O programa desplégase a modo diagrama abstracto sobre a parcela, como certo azaroso Mikado, establecendo relación entre volumes e o seu entorno inmediato. Configúrase unha secuencia de lugares e espazos nos que se xoga coa escala humana que define a sección transversal e longa sección lonxitudinal das pezas que se poñen en relación coa paisaxe, co plano portuario, co horizonte e coa topografía.

A forma de materializar bebe do lugar., atende a esa natureza mineral que mira ao desmonte e ao recheo da parcela, usando como material protagonista o formigón de árido visto, e entendendo esas pezas do Mikado suprematista como vigas de gran canto que permiten limitar o número de apoios e desmaterializar o encontro co plano do chan. Xogo de miradas, sorpresas e voyerismo. O proxecto encaixa na trama urbá como un fito máis, construindo unha cidade amable e recoleta.

2017 - Iria Varela García